| Nome común | Pombo torcaz |
| Nome científico | Columba palumbus |
| Descrición | A pomba torcaz é a maior das pombas presentes en Europa. Mide entre 38 e 44,5 cm de longo e pesa de 300 a 615 g. É unha pomba robusta, coa cabeza proporcionalmente pequena en relación ao corpo, e ten as ás e a cola máis longas que as demais pombas europeas. Caracterízanse polas inconfundibles manchas brancas que presentan a ambos os dous lados do pescozo e unha franxa tamén branca na parte superior de cada á, moi visible cando a ave voa. A súa plumaxe en xeral é gris, azulada na cabeza, e algo parda no dorso e un pouco máis clara nas súas partes inferiores, aínda que no peito é de tons viño. O seu pico ten a base rosada e a punta amarela alaranxada, e mide entre 1.9 e 2,2 cm; ademais, na parte superior presenta unha cera esbrancuxada. O iris dos seus ollos é amarelado. |
| Hábitat e comportamento | As torcaces fóra da época de cría forman grandes bandadas que se alimentan e dormen xuntos nas copas das árbores. Nas zonas rurais onde se caza é asustadiza e precavida, pero vólvese confiada nas zonas onde non se persegue. Aliméntase preferentemente de materia vexetal, como as follas tenras das árbores, plantas herbáceas, sementes e amentes, con preferencia polas gramíneas e os piñóns, e tamén consome diversos froitos que colleita en bosques abertos e pasteiros. Ademais complementa a súa dieta con larvas de formiga, e outros insectos e arácnidos brandos etc. |
| Atribución | non |
| Nome común | Cuco común |
| Nome científico | Cuculus canorus |
| Descrición | O cuco común mide de 32 a 34 cm de longo, dos cales entre 13 e 15 cm corresponden á súa longa cola, e ten unha envergadura alada de 55 a 60 cm. As súas patas son curtas. Como a súa plumaxe é agrisada e listada nas partes inferiores e ten un corpo esvelto. Durante a época de cría os cucos adoitan pousarse nunha postura característica, coas ás caídas e a cola alzada. As femias adoitan ser similares aos machos. As femias grises ás veces teñen un moteado castaño. As femias adultas do morfo castaño teñen as partes superiores con fondo castaño avermellado e unha listaxe escura (gris escura ou negra). Neste barrado as raias negras son máis estreitas que as bandas castañas, ao contrario que os xuvenís acastañados nos que as listas escuras son máis anchas. Na primavera, os cucos que naceron o ano anterior manteñen a listaxe nas coberturas e rémixes secundarias. As características máis obvias para identificar aos xuvenís do cuco común é a mancha branca da caluga e os bordos brancos das súas plumas. |
| Hábitat e comportamento | No verán o cuco esténdese pola maior parte de Eurasia, onde cría, e no inverno migra á África subsahariana e ao sueste asiático. Os cucos chegan a Europa en abril e abandónana en setembro. Habita en zonas boscosas abertas, soutos, zonas de abundante vexetación, campos de cultivo e lugares abertos. É unha ave de hábitos solitarios, que ten dúas características que a fan moi singular: a primeira o seu inconfundible canto “cu cu”, en intervalo musical de terceira maior descendente; e a segunda, o seu hábito de poñer os seus ovos en niño alleo. |
| Atribución | non |
| Nome común | Curuxa común |
| Nome científico | Tyto alba |
| Descrición | A curuxa común é unha ave mediana, mide de 33 a 35 cm de lonxitude e as súas ás posúen unha envergadura de 80 a 95 cm, cun peso medio para os adultos de 350 g. Ten un característico disco facial con forma de corazón e partes ventrais brancas en T. As ás son relativamente curtas e redondeadas, o cal non facilita os voos longos e poderosos, aínda que a particular estrutura das filoplumas, especialmente suaves e esfiañadas, dotan esta rapaz dun voo silencioso, o que fai que pareza que flota mais que dar ás ás. Emite un berro lastimeiro e estridente, aínda que a gran variedade de sons que produce dificulta a identificación, a excepción do inconfundible siseo que emite cando se sente ameazada ou cando as crías piden alimento. |
| Hábitat e comportamento | Está presente en amplas rexións do mundo e vive xeralmente asociada a núcleos urbanos rurais, onde se reproduce, aínda que depende de zonas abertas (campos de cultivo, estepas, penasqueiros etc.) próximas a zonas de arboredo disperso, onde caza. Son sedentarias, de hábitos nocturnos ou crepusculares. |
| Atribución | non |
| Nome común | Avenoiteira cincenta |
| Nome científico | Caprimulgus europaeus |
| Descrición | Esta ave europea mide entre mide de 24,5 a 28 cm de lonxitude e ten unha envergadura alada de 52 a 59 cm. Os machos pesan entre 51 e 101 g e as femias entre 67 e 95 g. Os adultos da subespecie nominal teñen as partes superiores de tons pardos agrisadas con veteado escuro, unha lista ocre na parte posterior do pescozo e bigoteira brancas. As súas ás encartadas son agrisadas con salpicaduras anteadas, as partes inferiores tamén son principalmente pardo gris, con listaxe parda e salpicaduras cor crema. O seu curto pico é negro, o iris dos seus ollos é pardo escuro e as súas patas son curtas e tamén pardas. |
| Hábitat e comportamento | A noitarega habita en espazos abertos e secos con algunhas árbores e arbustos, como os queiroais, os prados, os páramos, os claros dos bosques e as zonas forestais despois das cortas ou recentemente plantadas. Cando están a criar adoitan evitar tanto as zonas sen árbores como as densamente arborizadas, ademais das cidades e as montañas altas, aínda que si adoitan alimentarse nas brañas e nas zonas de cultivo. No inverno usan un espectro máis amplo de hábitats incluídas as sabanas de acacias, os terreos áridos e as montañas. Rexistráronse a altitudes de 2.800 m nas súas zonas de cría e ata os 5.000 m nos seus cuarteis de invernada. |
| Atribución | non |
| Nome común | Cirrio común |
| Nome científico | Apus apus |
| Descrición | O cirrio común é unha ave especialmente adaptada para o voo, con ás falciformes, cola curta de pinza pouco profunda, boca moi ancha e grande rematada cun pico pequeno, patas moi curtas sen polgar opoñible e garras pequenas pero de presa extraordinariamente forte que lle permiten agarrarse a superficies verticais. A súa plumaxe é negra cunha pequena mancha esbrancuxada ou gris clara na garganta, só visible a curta distancia. Ten unha lonxitude corporal de 16-17 cm, mentres que a súa envergadura alada é de 42-48 cm, o que en voo proporciona ás súas ás a característica silueta de ampla media lúa. |
| Hábitat e comportamento | Os cirrios pasan a maior parte da súa vida no aire: comen, dormen e copulan voando. Unicamente se pousan para poñer os ovos, incubalos e criar aos seus pitos. Permanecen en voo ininterrompido durante nove meses ao ano. As crías abandonan o niño unha mañá voando subitamente, sen necesidade de aprendizaxe previa, e non retornan a el xamais. De noite, estas aves elévanse ata os 2.000 m de altura e alí dormen, voando. Durante o soño redúcese o movemento das ás do habituais dez movementos por segundo a tan só sete. Aniñan en rochas elevadas e paredes verticais desde os que reemprenden o voo. Por mor da súa especial morfoloxía alada e as súas curtas patas, se caen ao chan experimentan gran dificultade para remontar o voo, e necesitan facelo desde un sitio elevado. É unha ave migratoria que a mediados da primavera aparece por case toda Europa, norte de África e Asia Central, mentres que no inverno boreal atópase no sur de África. No campo, aniña gregariamente en noiros pero está especialmente adaptado aos asentamentos humanos. Forma os seus niños baixo cornixas e beirados de edificios e casas. Adoita ser fiel ao seu lugar de niñada; volve a el e reconstrúeno cando fai falta. |
| Atribución | non |
| Nome común | Picapeixe |
| Nome científico | Alcedo atthis |
| Descrición | O dorso do corpo, cabeza e ás son azuis-turquesa con escintileos verdoso-metálicos. O ventre e un par de zonas debaixo dos ollos son de cor laranxa, mentres que as zonas da garganta, orellas e orificios nasais son brancas. En calquera caso, é unha ave inconfundible. O pico é longo, (15,5-19 cm en total), de cor negra con transición a laranxa na zona máis próxima da mandíbula inferior. A envergadura alada rolda os 25 cm e as patas son moi curtas e, do mesmo xeito que os pés, son de cor vermella viva. |
| Hábitat e comportamento | Vive ao longo dos lagos e ríos de Europa, África e Asia. Na maior parte da súa área de distribución é unha especie sedentaria, pero nas zonas boreais vese obrigado a emigrar cara ao sur no inverno. Atópase ausente nalgunhas áreas montañosas, onde o substitúen os merlos acuáticos. |
| Atribución | non |
| Nome común | Bubela |
| Nome científico | Upupa epops |
| Descrición | A súa plumaxe pode variar desde un pardo rosado a un canela escuro ou avermellado, coas ás e a cola listadas de branco e negro. Está dotada na cabeza dun penacho de plumas eréctiles coma un abano, pero case sempre o mantén pechado. Miden de 25 a 29 cm de longo, con 44 a 48 cm de envergadura. Son inconfundibles, especialmente polo voo errático que é coma o dunha bolboreta xigante. |
| Hábitat e comportamento | As bubelas son propias de Europa, Asia e África, excepto Madagascar, onde existe unha especie propia, Upupa marginata. É unha especie migratoria nas rexións setentrionais da súa área de distribución e residente ou parcialmente migratoria nas outras rexións. A maior parte das que migran de Europa probablemente invernan en África ao sur do Sahara, en cambio as poboacións do centro e leste de Siberia migran a Asia meridional. Habitan en rexións secas, atopándose en bosques claros, zonas de froiteiras, viñedos e campos cultivados con arboredos. |
| Atribución | non |
| Nome común | Peto verdeal |
| Nome científico | Picus viridis |
| Descrición | É un paxaro carpinteiro grande, mide de 30 a 36 cm, e ten unha envergadura alada de entre 45 e 51 cm. O píleo (parte de arriba da cabeza) e a caluga son de cor vermella, o ollo é branco e está rodeado dunha zona negra; e a súa bigoteira é negra. Ambos os sexos son moi similares, o macho ten o centro vermello da mancha negra da bigoteira, mentres que a femia carece dese vermello. Os xuvenís son parecidos aos adultos no patrón de cores da súa plumaxe, pero esta está cuberto por un profuso salpicado. O seu reclamo é moi característico, unha especie de gargallada longa. O seu canto vai acelerando e é descendente en ton. |
| Hábitat e comportamento | É unha ave asustadiza e difícil de observar, e moitas veces detéctase a súa presenza polo seu reclamo. Aliméntase principalmente de invertebrados que viven na madeira, como termita, diferentes larvas de escaravello e crisálidas ou larvas de formiga. Ten un voo moi ondulante. |
| Atribución | non |
| Nome común | Cotovía |
| Nome científico | Lullula arboreai |
| Descrición | A cotovía é unha ave paseriforme da familia Alaudidae. Caracterízase por posuír un dorso pardo con bandas negras, un píleo marrón tostado tamén bandeado, fazulas avermelladas e unha banda esbrancuxada supraorbitaria. É frecuente en bosques abertos, queiroais e límites de bosques. Na primavera, os machos entoan un reclamo moi característico que os fai facilmente recoñecibles. |
| Hábitat e comportamento | Aliméntase de insectos, sementes e bagas, que recolle do chan. Distribúese por toda Europa, salvo o norte de Escandinavia e as Illas Británicas. É rara por encima do 2000m. |
| Atribución | non |
| Nome común | Anduriña común |
| Nome científico | Hirundo rustica |
| Descrición | Trátase dunha ave pequena. O macho adulto da subespecie nominal (Hirunda rustica) mide entre 17 e 19 cm de lonxitude, incluíndo os 2 a 7 cm das alongadas plumas externas da cola. Ten unha envergadura de entre 32 e 34,5 cm e pesa entre 16 e 22 gramos. A súa parte superior é azul metálico e a súa fronte, queixo e garganta, avermellados. Unha grosa franxa azul escura separa a garganta do peito e do abdome branco. A aparencia da femia é similar á do macho, pero as plumas da súa cola son máis curtas, o azul da parte superior e da banda do peito é menos lustroso e o peito e abdome son máis pálidos. |
| Hábitat e comportamento | O hábitat preferido da andoriña común é campo aberto con vexetación baixa, como pasteiros, prados e terreos agrícolas, preferentemente con auga nas proximidades. A presenza de estruturas abertas e accesibles como celeiros, cortellos e tálleas que proporcionen sitios de nidificación e de localizacións expostas como cables, beirís e ramas espidas para pousarse tamén son importantes na elección que fai esta ave dos seus lugares de reprodución. Durante a migración, tende a voar sobre áreas abertas, a miúdo preto da auga, ou montañosas. |
| Atribución | non |












