| Nome común | Limpafontes común |
| Nome científico | Triturus marmoratus |
| Descrición | De tamaño pequeno, compacto, de fociño redondeado, a miúdo cun suco lonxitudinal. Dorso pardento no macho e pardo oliva na femia. Ventre amarelo a laranxa con bordos claros e manchado de negro. Miden entre 8 e 9 cm. Aliméntase de vermes, insectos e pequenos crustáceos. |
| Hábitat e comportamento | Pasan o día baixo as pedras, saíndo para cazar de noite. Aparéanse en pozas e estanques pequenos. Observa retiro invernal. |
| Atribución | By Siga (Own work) [GFDL or CC BY-SA 3.0], via Wikimedia Commons |
| Nome común | Salamandra gallega |
| Nome científico | Chiogolosa lusitanica |
| Descrición | E unha salamandra pequena, alargada i esbelta con unha cola moi longa que pode amputarse como ol rabo das lagartillas. |
| Hábitat e comportamento | Máis activa durante a noite é semiterrestre e encontrase baio pedras, entre o musgo ou follarasca, sempre cerca de arroyos con auga corrente e limpa. |
| Atribución | non |
| Nome común | Sapo partero |
| Nome científico | Alytes obstetricans |
| Descrición | E de pequeno porte, 5cm; aspeto voluminoso, cabeza grande frente redondeada, ollos prominentes (pupila vertical, iris dourado e vetas negras). Tímpano visible e máis diminuto que o ollo. A pel é granulosa con verrugas pequenas, agrupadas nos costados en duas hileiras dorsolaterais. |
| Hábitat | O seu hábitat natural son os bosques templados, subtropical ou tropicais secos, arbustalesC temprados, ríos, lagos e pantanos de auga doce, desertos templados, campo arable, pasturas, área urbana |
| Atribución | non |
| Nome común | Sapo raxado |
| Nome científico | Discoglossus galganoi |
| Descrición | Sapiño de pequeno tamaño de 45 a 75 mm, de cabeza aplanada, case tan longa como ancha, e fociño obtusamente puntiagudo.. |
| Hábitat y comportamento | Ocupa unha gran variedade de hábitats, case sempre sobre substratos silícios ou metamórficos, en zonas abertas, en ríos e regatos, en zonas de elevada humidade con abundancia de vexetación herbácea, que lle serve de refuxio. |
| Atribución | non |
| Nome común | Sapo cuncheiro |
| Nome científico | Bufo bufo |
| Descrición | Os machos roldan os 8 cm de lonxitude e as femias 13 cm, aínda que excepcionalmente poden alcanzar uns 15 cm de lonxitude. Pesan entre 20 e 80 gramos. As femias son xeralmente máis grosas que os machos e as mostras do sur tenden a ser máis grandes que as do norte. |
| Hábitat e comportamento | Atópase principalmente en zonas boscosas con coníferas, caducifolias e bosques mixtos, especialmente en lugares húmidos. Tamén habita en campo aberto, prados, soutos, cultivos, parques e xardíns, e a miúdo dáse en zonas secas bastante afastadas de auga estancada. |
| Atribución | By Andreas Eichler [CC BY-SA 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons” |
| Nome común | Sapo corriqueiro |
| Nome científico | Bufo calamita |
| Descrición | Sapo de entre 5 e 6 cm de lonxitude, con máximos nas femias de 9,5 cm e nos machos de 9 cm. Moi raramente alcanzan os 12 cm. As tallas das poboacións ibéricas son algo maiores que as centroeuropeas, fóra da poboación de Doñana onde se observa un fenómeno de ananismo. |
| Hábitat e comportamento | De hábitos terrestres, ocupa case calquera hábitat, evitando as rexións eurosiberianas máis húmidas e os bosques densos con abundante sotobosque. Require de pozas pequenas ou temporais para reproducirse. |
| Atribución | By Fritz Geller-Grimm (Own work) [CC BY-SA 2.5 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5) or CC BY-SA 2.5 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5)], via Wikimedia Commons |
| Nome común | Ra patilonga |
| Nome científico | Rana ibérica |
| Descrición | É unha pequena ra vermella, do grupo de Rana temporaria, que habita o norte de Portugal, Galicia, a cordilleira Cantábrica e o Sistema Central ibérico, nos seus sectores occidentais e centrais. |
| Hábitat e comportamento | É unha ra de montaña, que se atopa en regatos e charcas de auga fría sobre substrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos e arañas. |
| Atribución | Luis Fernández García (Own work) [CC BY-SA 2.5 es (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/es/deed.en)], via Wikimedia Commons. |
| Nome común | Morcego pequeno de ferradura |
| Nome científico | Rhinolophus hipposideros |
| Descrición | Ten orellas grandes, cunha coloración dorsal parda máis ou menos escura e a parte ventral algo máis clara. As orellas e membranas alares sempre son máis escuras que o pelo do dorso. En estado de repouso envólvese totalmente coa membrana alar. De talla corpo de 3,7 a 4,5 cm e de envergadura 19,2 a 29,5 cm, cun peso de 4 a 7 g E en voo Altura media (4 a 5 m) |
| Hábitat | É de marcado carácter cavernícola, prefire áreas de cuberta vexetal arbustiva e arbórea, con presenza de augas superficiais. A reprodución prodúcese en colonias maioritariamente de femias, teñen unha soa cría anual e as femias son fértiles desde os dous anos.Aliméntanse principalmente de dípteros e nematóceros, aínda que en ocasións capturan presas sobre o chan. |
| Atribución | non |
| Nome común | Ra verde |
| Nome científico | Pelophylax perezi |
| Descrición | É unha ra entre mediana e grande, que pode alcanzar os 11 cm de lonxitude nas femias, aínda que non adoita exceder dos 8 cm. |
| Hábitat e comportamento | É unha especie estritamente acuática, aparecendo en todo tipo de masas de auga, aínda que preferiblemente en ambientes permanentes. |
| Atribución | By David Perez (Own work) [GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html) or CC BY 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by/3.0)], via Wikimedia Commons |
| Nome común | Cobra de auga |
| Nome científico | Natrix maura |
| Descrición | É de tamaño medio e pode alcanzar unha lonxitude de ata 80 cm, aínda que non adoita superar os 50 cm. Caracterízase por mostrar escamas moi carenadas no dorso. |
| Hábitat e comportamento | Atópase habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, tales como ríos e lagoas, na auga ou nas súas inmediacións. |
| Atribución | non |












