| Nome Común | Víbora de seone |
| Nome científico | Vipera seoanei |
| Descrición | É unha víbora de talla mediana, cunha cabeza grande e o cabeza esmagado ou lixeiramente levantada. A cola é pequena . Os adultos poden alcanzar os 70-75cm, pero usualmente varían entre os 45 e 58 cm. É unha especie moi polimórfica, cunha variación individual e xeográfica notable. |
| Hábitat e comportamento | Habita xeralmente lugares onde predominan os fentos, xa que este tipo de planta favorece a súa camuflaxe. |
| Atribución | non |
| Nome común | Ourizo cacho |
| Nome científico | Erinaceus europaeus |
| Descrición | O ourizo común tende a vivir en espazos abertos cubertos por matogueiras, en terreos cultivados, en dunas de area, e ata en pedregais, pero que en xeral non sexan demasiado húmidos nin demasiado fríos. |
| Hábitat y comportamento | O ourizo común tende a vivir en espazos abertos cubertos por matogueiras, en terreos cultivados, en dunas de area, e ata en pedregaies, pero que en xeral non sexan demasiado húmidos nin demasiado fríos. |
| Atribución | non |
| Nome común | Toupa cega |
| Nome científico | Talpa occidentalis |
| Descrición | É unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae endémica do oeste e centro da Península Ibérica que se alimenta de larvas e vermes baixo terra. |
| Hábitat e comportamento | A toupa adóitase atopar en prados, cultivos regados e terreos de bo solo orgánico. Tamén habita bosques de chopos, freixos e olmos. |
| Atribución | non |
| Nome común | Furafollas ibérico |
| Nome científico | Sorex granarius |
| Descrición | O furafollas ibérico é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae soamente distribuída pola Península Ibérica. A pelame é de cor marrón escura, carece de banda mediodorsal escura e o ventre é gris amarelado. A lonxitude de cabeza e corpo é duns 4 cm, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os 6 g. Ten as puntas dos dentes de cor vermella aínda que xeralmente os incisivos superiores mostran unha tonalidade máis clara. |
| Hábitat e comportamento | É un endemismo ibérico. Distribúese ao longo do Sistema Central, desde a serra de Ayllón á serra da Estrela, (Portugal), estendéndose cara ao norte desde o río Texo ata Galicia. |
| Atribución | non |
| Nome común | Furafollas pequeno |
| Nome científico | Sorex minutusa |
| Descrición | A pelame é de cor marrón escura no dorso e pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de cabeza e corpo é duns 6 cm, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede dos 6 g. Esta variedade é un dos mamíferos máis pequenos de Europa. |
| Hábitat e comportamento | Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e nas matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en zonas de queiruga e matogueira de montaña. |
| Atribución | non |
| Nome común | Muraño de Cabrera |
| Nome científico | Neomys anomalus |
| Descrición | O muraño de Cabrera é de pequeno tamaño, de 6 a 9 cm de tronco, e de 4 a 6 cm de cola, cun peso total de entre 7,5 a 16 g. A cor varía, pero o ventre sempre é claro, case branco, e a cola é bicolor. As orellas están ocultas totalmente na pelame, o fociño é groso e os dentes de cor granate. |
| Hábitat e comportamento | Habita en augas limpas e sen contaminar, e en arquetas de mananciais. Nas montañas vive en pastos húmidos, en zonas pantanosas, ladeiras e prados húmidos; mesmo se atopa ás veces nos edificios. É un bo indicador da pureza de ríos e regatos. |
| Atribución | non |
| Nome común | Muraño común |
| Nome científico | Crocidura russula |
| Descrición | É un crocidurino de mediana talla e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 g. Os ollos son pequenos e ten os pavillóns auditivos ben desenvolvidos e moi visibles. |
| Hábitat e comportamento | É unha especie de requirimentos basicamente mediterráneos. Prefire hábitats abertos e marxes dos bosques con boa cobertura vexetal do chan. Aparece tamén en campos de cultivo e nas zonas boscosas con sotobosque claro. |
| Atribución | non |
| Nome común | Lavandeira común |
| Nome científico | Motacilla cinerea |
| Descrición | É unha ave duns 19 cm de lonxitude, de coloración gris verdosa no dorso, e amarela no rabo e nas e nas partes inferiores. A cola está sempre en movemento, e ao voar mostra unha barra branca na á. Os machos diferéncianse das femias porque presentan unha mancha negra na garganta durante o período de reprodución. |
| Hábitat e comportamento | Ocupa o norte de África e gran parte de Europa, e esténdese por Asia ata Xapón, representada por varias subespecies. A poboación peninsular nidifica nas zonas montañosas, mentres que acode de invernada ás chairas de cereal e campiñas, procedente do centro e do norte de Europa. Pasa na península uns seis meses, chegando de agosto a novembro, e retornando ás súas áreas de procedencia entre febreiro e abril. |
| Atribución | non |
| Nome común | Furaño xardineiro |
| Nome científico | Crocidura suaveolens |
| Descrición | É semellante á musaraña gris (Crocidura russula). Co dorso de cor acastañado, ventre agrisado, coa cola cuns característicos pelos longos. |
| Hábitat e comportamento | Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea queda relegada ao ambientes húmidos. |
| Atribución | non |











